Política e comunicación, reto para o alcalde
, by : pingota
política e comunicación Ferrol
Política e comunicación foron protagonistas no acto do Club de Prensa

A nosa axencia, Pingota Comunicación, foi invitada esta mañá a participar nas Conversas no Parador que organiza o Club de Prensa de Ferrol e nas que, co alcalde, Jorge Suárez, como primeiro convidado, se falou, e moito, de política e comunicación. No encontro, que reuniu a xornalistas e entidades interesados neste diálogo co máximo representante da cidade, Suárez abordou moitos temas e entre eles expuxo as súas claves para desenvolver unhas canles de comunicación axeitadas coa cidadanía, rachando co que definiu como unha “política de opacidade” por parte do anterior goberno municipal

O alcalde anunciou a súa intención de elaborar unha ordenanza de publicidade nos medios, para a que tomará como referencia a do Concello da Coruña, e recoñeceu que o respaldo das institucións públicas é importante para que as empresas periodísticas poidan sobrevivir, pero sen dar trato de favor a ningunha delas. Confesou que ao día seguinte da súa toma de posesión empezou a recibir chamadas e mensaxes de directores de medios para saber si o novo goberno iba manter os acordos que xa tiñan co vello, unha situación que considerou que “non é de recibo”. E tamén lamentou que os partidos pertencentes ao que se deu en chamar “nova política” estean a ser vítimas dunha campaña “de acoso e derribo” por parte dalgúns medios de comunicación, algo que interpretou como froito do medo. Bromeando cun futuro no que, xa vello, consulte a hemeroteca e reflexione sobre se o fixo tan mal como alcalde, Jorge Suárez quixo tamén romper unha lanza en favor do xornalismo, “unha profesión menospreciada e maltratada”, dixo.

Pingota Comunicación quere agradecer ao Club de Prensa a súa invitación para acudir a esta interesante xornada, que brindou aos asistentes a oportunidade de coñecer máis de cerca ao alcalde nun ambiente relaxado e cordial pero no que non faltaron as preguntas incisivas. Das súas respostas darán conta os medios de comunicación.

 


¿Compartes?

facebooktwittergoogle_pluslinkedinmailfacebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR