O Concello de Ortigueira encarga a Pingota o gabinete de prensa
, by : pingota
Concello de Ortigueira
Concello de Ortigueira

O Concello de Ortigueira vén de confiar a Pingota Comunicación a xestión do gabinete de prensa municipal, un labor do que a empresa se ocupará durante o vindeiro ano. A axencia comezou xa este ilusionante traballo, co que queremos cumprir co obxectivo de facer chegar toda a información que se xenera neste concello da comarca de Ortegal tanto aos seus residentes como aos do resto da zona.

Ortigueira ten 6.000 habitantes, é o municipio máis poboado da comarca do Ortegal e un referente turístico e económico de primeiro orde. Nesta vila inzada de edificios señoriais celébrase cada ano o Festival Celta, un evento internacional que desde hai 40 anos convirte a Ortigueira no epicentro da música de raíces celtas. Os seus acantilados -e o xa famosísimo banco-, a súa riqueza arqueolóxica, a ría e unhas paisaxes de mar e montaña únicos, xunto á bagaxe cultural e política da vila fan de Ortigueira un municipio cunha traxectoria histórica envexable e un futuro sen dúbida brillante, no que tamén xoga un importante papel a aposta empresarial do Concello.

Achegar o Concello de Ortigueira aos medios

Pingota Comunicación ten por diante a tarefa de trasladar todo este traballo que se desenvolve no día a día da institución municipal aos medios de comunicación para que teñan toda a información ao seu alcance e poidan  transmitila ao seu público. Contamos coa súa colaboración para que esta chegue aos veciños e veciñas así como ao resto das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, de xeito que un municipio que xa é recoñecido como un referente túristico poida selo tamén polo resto da inxente actividade que nel se leva a cabo.

Agradecemos ao Concello de Ortigueira que contase con Pingota Comunicación para levar a cabo este importante labor, ao que adicaremos, como sempre, todo o noso esforzo.


¿Compartes?

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmailFacebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR