A revista DeExcursión cumpre catro anos con novos folgos

portadaDeExcursion2019Pingota Comunicación vén de repartir a cuarta edición da revista DeExcursión, un proxecto que naceu con nós, alá polo ano 2016 cando apenas levábamos uns meses de andadura. É unha revista que se distribúe a máis de 500 centros educativos de toda a provincia da Coruña e da Mariña Lucense, na que van propostas para programar saídas escolares polos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Para facer realidade este proxecto, a nosa axencia conta co apoio dos concellos e outras institucións, e tamén de anunciantes, empresas que ofrecen servizos ás comunidades educativas.

Así, desta volta a revista reuniu a colaboración dos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Mugardos, Cabanas, As Pontes, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cedeira, Ortigueira e Cariño, así como da Deputación Provincial da Coruña, Universidade da Coruña, o Proxecto Esmelle, Espacio Vivo, Arriva, a Granxa do Souto, MarMar Outdoor, o albergue Alvarella, Northwest Painball e Gadis. Como en anos anteriores, a publicación reservou un espazo para un artigo sobre un proxecto didáctico de interese, desta volta o do grupo de mestres “Ilusiona-T”, adicados  elaborar materiais educativos que impulsan unha escola pública inclusiva, diversa e cooperativa.

Novos proxectos

En Pingota Comunicación comprobamos como ano a ano a revista DeExcursión é cada vez máis coñecida entre o profesorado, que a consultan na busca de ideas e propostas para programas as súas saídas. Os concellos de Ferrol, Eume e Ortegal teñen unha chea de espazos moi acaídos para este tipo de excursións, nas que se busca aprender e divertirse. E a maior parte destas rutas ou visitas son gratuítas para os grupos escolares.

Coidamos que DeExcursión é unha ferramenta para promocionar o turismo, primeiro o escolar e, despois o familiar. Os nenos e nenas son unha correa de trasmisión moi boa para levar a casa información sobre novos lugares que visitar, e as propostas que van na revista son axeitadas para volver cos maiores! De feito, temos en marcha o proxecto de completar a información da revista en papel cunha “axenda” de actividades para familias que colgaremos na web e no Facebook de DeExcursión, estade atentos!

Os interesados podedes descargar a revista enteira no seguinte ligazón: preme aquí.

Post by pingota

Comments are closed.