Colaboramos no II Saborea Cariño

Cartel do II Saborea CariñoPingota Comunicación agradece ao Concello de Cariño que un ano máis contara coa nosa axencia para traballar na consolidación do certame de tapas Saborea Cariño, que comezou o ano pasado e que chega á súa segunda edición con máis establecementos participantes e unha excelente mostra da gastronomía da zona a prezos asequibles.

O certame desenvolverase do 20 ao 22 de decembro, coa participación de oito locais que ofrecerán as súas tapas por 1,5 euros e competirán por conseguir o premio á mellor delas. E o público participante na votación tamén pode obter interesantes regalos.

Pingota Comunicación ocupouse do deseño do cartel -obra do noso deseñador gráfico-no que se  xoga cos elementos máis característicos da paisaxe de Cariño, os aguillóns e o faro, e tamén elaborou o tríptico que contén toda a información sobre o concurso. Por primeira vez este ano hai unha app específica, Quedamos de tapas, na que se poden consultar os ingredientes dos petiscos.

Animámosvos a visitar Cariño sempre, pero poder saborealo a través da súa cociña é, sen dúbida, un bo pretexto.

Post by pingota

Comments are closed.