Neda confía a Pingota o gabinete de prensa

 Imaxe da Torre do Reloxo de Neda

Torre do reloxo de Neda

O Concello de Neda cre na comunicación para facer comunidade. Esta premisa levou hai un ano ao equipo de goberno a contratar os servizos de Pingota Comunicación para facerse cargo dos contidos do boletín informativo “Neda no Camiño” -que xa vai polo número catro- e tamén é o motivo polo que agora a axencia de comunicación comeza a se facer cargo do gabinete de prensa institucional.

 

Os responsables municipais, coma nós, entenden que non só é importante traballar a prol dun obxectivo común senón tamén comunicar os pasos que se están a dar para que a xente poida sentirse partícipe do proceso e os resultados. A misión para a que Concello de Neda volve poñer a súa confianza en Pingota Comunicación vai consistir en informar polo miúdo do labor que se realiza desde a administración local para que a veciñanza poida coñecer a súa realidade máis cercana, desde as contas do Concello ata a realización de obras e xestións para tratar de mellorar a calidade de vida dos nedenses.

 

Neda no camiño

Destes contidos os veciños terán constancia diaria a través dos medios de comunicación (radio, televisión local, prensa escrita e dixital) pero tamén a través da páxina web do Concello (www.neda.es). O boletín “Neda no Camiño” seguirá a manter o seu carácter trimestral e nas súas páxinas recolleranse os temas de maior interese para abordalos cunha maior profundidade.

Post by pingota

Comments are closed.