Pingota Comunicación promociona o certame Tapéate Ferrol nas redes sociais
A nosa axencia Pingota Comunicación recibiu o encargo de promocionar nas redes sociais o Tapéate Ferrol 2015, o certame de tapas organizado polo Concello de Ferrol, a Sociedade Mixta de Turismo e a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol.
Do 3 ao 13 de decembro, un total de 24 establecementos de hostalería de Ferrol ofreceron as súas mellores tapas ao prezo de dous euros, e nós empregámonos na gratificante tarea de difundir esta festa gastronómica a través dunha páxina en Facebook, un perfil de Twitter e outro de Instagram.
Non podemos máis que agradecer a confianza depositada en nós e a amabilidade e entusiasmo co que nos recibiron todos os hostaleiros. Cremos que o resultado foi excelente e que contribuímos a lograr un certame cunha alta participación, tal como os propios cociñeiros nos confirmaron. Moitos ferroláns fixeron a ruta de tapas, votaron as que máis lles gustaron e compartiron en moitas ocasións as súas impresións nos nosos perfís sociais, contribuíndo así a dar maior difusión ao evento.
Os resultados:
Cómpre poñer en números o que logramos en menos dun mes de campaña nas redes sociais:
–As publicacións da nosa páxina de Facebook alcanzaron a 40.000 personas: é o número de veces que as nosas entradas se mostraron aos usuarios da rede, tanto no ordenador como no móvil.
–Os nosos chíos no Twitter obtiveron 37.000 impresións (vistas).
–O perfil de Instagram acadou 90 seguidores e máis dun cento de “me gusta”.
Convencidos de que as redes sociais son unha boa forma de comunicar? En Pingota Comunicación estamos seguras.
Últimos artículos