Política e comunicación, reto para o alcalde
A nosa axencia, Pingota Comunicación, foi invitada esta mañá a participar nas Conversas no Parador que organiza o Club de Prensa de Ferrol e nas que, co alcalde, Jorge Suárez, como primeiro convidado, se falou, e moito, de política e comunicación. No encontro, que reuniu a xornalistas e entidades interesados neste diálogo co máximo representante da cidade, Suárez abordou moitos temas e entre eles expuxo as súas claves para desenvolver unhas canles de comunicación axeitadas coa cidadanía, rachando co que definiu como unha “política de opacidade” por parte do anterior goberno municipal
O alcalde anunciou a súa intención de elaborar unha ordenanza de publicidade nos medios, para a que tomará como referencia a do Concello da Coruña, e recoñeceu que o respaldo das institucións públicas é importante para que as empresas periodísticas poidan sobrevivir, pero sen dar trato de favor a ningunha delas. Confesou que ao día seguinte da súa toma de posesión empezou a recibir chamadas e mensaxes de directores de medios para saber si o novo goberno iba manter os acordos que xa tiñan co vello, unha situación que considerou que “non é de recibo”. E tamén lamentou que os partidos pertencentes ao que se deu en chamar “nova política” estean a ser vítimas dunha campaña “de acoso e derribo” por parte dalgúns medios de comunicación, algo que interpretou como froito do medo. Bromeando cun futuro no que, xa vello, consulte a hemeroteca e reflexione sobre se o fixo tan mal como alcalde, Jorge Suárez quixo tamén romper unha lanza en favor do xornalismo, “unha profesión menospreciada e maltratada”, dixo.
Pingota Comunicación quere agradecer ao Club de Prensa a súa invitación para acudir a esta interesante xornada, que brindou aos asistentes a oportunidade de coñecer máis de cerca ao alcalde nun ambiente relaxado e cordial pero no que non faltaron as preguntas incisivas. Das súas respostas darán conta os medios de comunicación.
Últimos artículos