O Ferrolán, na radio

10525374_606556639507899_5847173442571518193_n

Pingota Comunicación, con Javier Carnota en Radio Filispim para falar de O Ferrolán

O pasado día 2 de abril foi o programa Sons Revela2, de Radio Filispim, o que nos deu a oportunidade de voltar a unha emisora de radio para falar do traballo de Pingota Comunicación e, en concreto, do que desenvolve en O Ferrolán. O novo gratuíto está tendo unha gran acollida na cidade e espertou o interese deste espazo radiofónico por ser un proxecto de xornalismo novo e diferente. Acompañando ao director, Javier Carnota, explicamos como eliximos os contidos para esta revista mensual gratuíta e como traballamos para darlle forma a cada número. ¡Xa estamos preparando o terceiro! e está previsto que saia á rúa en torno ao día 20 deste mes. Sabedes que podedes aportar as vosas ideas a través do Facebook da publicación ou nas redes sociais e páxina web de Pingota Comunicación. E aproveitamos para lembrarvos que, como a periodicidade de O Ferrolán é mensual, precisamos ter as vosas propostas con antelación.

Na entrevista en Radio Filispim, Javier Carnota explicou a orixe do proxecto, como se concibiu, o que espera del e moitas máis cousas relacionadas coa parte empresarial de O Ferrolán, que espera -como tamén o facemos desde Pingota- que se consolide como medio de referencia.

Queremos agradecer a Esperanza e Javier, os responsables de Son Revela2, que nos escollesen para o seu programa e tamén o traballo que realizan na radio. Cantos máis medios de comunicación teña unha cidade máis posibilidades terán os seus habitantes de estar informados e de formarse a súa propia opinión sobre os diferentes temas. Eles tamén terán cabida nas páxinas de O Ferrolán porque o seu labor ten moitas peculiaridades que os lectores seguramente están desexando coñecer.

Deixamos aquí o enlace para que poidades escoitar a entrevista.

 

http://www.ivoox.com/programa-57-sons-revela2-01-04-2016-audios-mp3_rf_11025042_1.html

 

Post by pingota

Comments are closed.