Nadal en Narón

15355720_1811246712466059_4933655392780382667_n

Programa de man das festas de Nadal

Achegar á ciudadanía as actividades de Nadal e facelo dun xeito efectivo, diferente e divertido; ese é o traballo co que Pingota Comunicación abre unha etapa de colaboración co Concello de Narón.

A administración naronesa xa está a repartir entre os veciños e veciñas un total de 3.000 exemplares dun programa de formato reducido que dá conta das citas incluídas nestas festas tan especiais.  Son un total de 24 páxinas nas que se detallan polo miúdo as actividades que desde comenzos deste mes e ata o día 5 de xaneiro se celebrarán no municipio para favorecer os reencontros familiares, divertir aos  máis pequenos da casa e formular bos desexos, en xeral, a unha poboación que non deixa de medrar.

Datas, contidos, prezos -no caso de non ser de balde-, escenarios e ata a duración da actividade son algunhas das informacións que os veciños e veciñas poden atopar nesta publicación para a que Pingota Comunicación confiou o deseño a Korchopan Produktions. As cores máis tradicionais do Nadal aparecen, aínda que o fan nun segundo plano para lle dar protagonismo á figura dun Papá Noel nas marxes das páxinas que, ao pasar as follas, fai o efecto de subir e baixar por unha corda, provocando un xesto de complicidade cos máis novos.

As imaxes dos espectáculos que nos vindeiros días pasarán polas diferentes parroquias e barrios do concello completan unha publicación en cuxa portada destacan as verbas Festas, Nadal e Narón, o que vén sendo unha clara invitación para aquelas persoas que desexen pasar uns días diferentes e divertidos nestas datas sen saír do municipio.

O Concello de Narón entregounos a Pingota Comunicación a responsabilidade de “repartir” entre os veciños e veciñas a ledicia das festas de Nadal. Agardamos ter cumprido co obxectivo.

Podedes ver o programa completo neste enlace

Post by pingota

Comments are closed.