Fashion Night de Ferrol, un evento con moita vida nas redes

A nosa axencia Pingota Comunicación recibiu recentemente o encargo de promocionar a Fashion Night de Ferrol nas redes sociais. É un evento que nos encanta! Naceu hai varios anos, promovido polos comerciantes e desde o primeiro momento foi un éxito pola gran participación de público que acada e pola súa efectividade na dinamización do barrio histórico da Magdalena, ao que as socias e traballadoras da nosa empresa tamén estamos vencelladas. Centro Comercial Aberto da Magdalena e Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas son os organizadores do evento, que conta tamén coa colaboración do Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña e a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

Como novidade, na Fashion Night Ferrol que se celebrou o pasado 13 de outubro, o Centro Comercial Aberto da Magdalena propuxo organizar un concurso a través de Facebook. Foron concretamente dous sorteos, dun cambio de imaxe feminino e outro masculino, ao que os usuarios de Facebook podían optar sinxelamente premendo “Gustame” no correspondente post. O primeiro acadou un alcance de 24.843 persoas e o segundo, menos disputado, de 6.149. Organizamos o xogo a través dunha aplicación especificamente creada para este tipo de sorteos e que garante a limpeza e transparencia necesaria.

A promoción do evento limitouse á semana anterior por decisión do Centro Comercial Aberto A Magdalena, que así quixo evitar a interferencia da Fashion Night de Ferrol na actividade normal dos establecementos en semanas previas. Fixemos uso, nesta ocasión, de Facebook e Instagram para dar a coñecer as actividades previstas para a noite do 13 de outubro.

Pingota Comunicación fixo medio cento de publicacións no Facebook do Centro Comercial Aberto A Magdalena, e tamén outras na páxina Vive Ferrol e na da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas. O programa chegou a máis de 36.600 personas a través desta rede social, na que na mesma noite da Fashion Night de Ferrol publicamos imaxes, case en directo, do proceso de cambio de imaxe dos gañadores dos sorteos e do ambientazo que había polas rúas e nos establecementos. A páxina do CCA A Magdalena gañou 279 seguidores nos días da promoción e está xa rozando os dous mil.

Instagram amosouse como una rede certamente participativa e con cada vez máis seguidores. Pese a que creamos un perfil novo e partimos de cero, en apenas catro días chegamos case ao centenar de seguidores e as publicacións acadaron cerca de 500 “Gústame”.

Pingota Comunicación non pode máis que dar as grazas ao comercio e a hostalería ferrolá por confiar en nós. Vémonos na próxima!

Post by pingota

Comments are closed.