Responsabilidade
Vivimos un presente no que a prudencia é a nosa mellor arma. Un momento no que temos que aprender a funcionar como unha colectividade na que todos os seus membros son fundamentais. Se hai unha ensinanza que podemos tirar da pandemia da Covid-19 é que, nalgún momento, e queiramos ou non, todos dependemos os uns dos outros. Non resulta fácil acostumarse a este cambio de paradigma, pero na nosa dicotomía como seres humanos entre individualidade e espíritu gregario parece que son tempos de afondar no segundo.
Sumamos a nosa voz á das persoas que piden precaución, porque o que queremos é vivir o noso particular “regreso ao futuro”. Por iso aproveitamos a presentación do anuncio que fixemos para a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para insistir nesa mensaxe. Responsabilidade.
Últimos artículos