Unha mascota para o London Institute

Presentámosvos a mascota que creamos para o London Institute. Nun mundo no que o visual ten cada vez máis importancia, atopar unha imaxe coa que identificarse e coa que te identifiquen facilmente é fundamental.

O London Institute conseguiuno hai anos adaptando toda unha icona do deseño gráfico como é o sinal do Metro de Londres ao seu centro formativo. Ese sinal, que en todo o mundo se recoñece como o “undergroud” da capital británica, en Ferrol e a súa contorna asociámola instintivamente a unha academia de idiomas que ten máis de 60 anos de traxectoria.

E tamén a asociamos á familia Langtry, un apelido sobradamente coñecido na cidade que forma parte tamén da súa historia. O primeiro Langtry veu a Ferrol nos albores do século XX, como outros moitos empregados ingleses que a compañía Vickers trouxo aos estaleiros e que fundaron aquí a súa propia estirpe.

A eles se lles debe, entre outras cousas, boa parte da fala peculiar da cidade e talvez unha determinada idiosincrasia que aínda está por analizar en profundidade.

Manter a identidade do London

Os responsables do London Institute querían ir máis allá na cuestión da imaxe e apostaron por Pingota Comunicación para crear unha mascota que, sen facer perder ao centro a súa tan ben construída identidade, servise tamén como elemento de unión cos máis pequenos e permitise “interactuar” máis facilmente en contornas hoxe irrenunciables como son, por exemplo, as redes sociais.

Alejandro Langtry encargounos o reto e Isabel Caneiro traballou directamente no proceso creativo que desembocou nesta simpática e recoñecible mascota que xa consideramos parte da familia de Pingota Comunicación. Agardamos que vos guste!

 

Post by pingota

Comments are closed.