Unha data sinalada para Pingota Comunicación

Hoxe foi un día importante na aínda curta historia de Pingota Comunicación. A nosa amiga e compañeira Pilar Cotovad Cal xubílase e emprende novos proxectos persoais moi ilusionantes para ela e cos que todos os que a queremos agardamos que goce moitísimo.

Non imos choromicar aínda que, como dicían Rachel e Mónica en “Friends” ao deixar de compartir piso, é “o fin dunha era”. As tres socias fundadoras da axencia estivemos xuntas, persoal e profesionalmente, ao longo de moitos anos e desde logo custaranos habituarnos a non contar coa súa presenza. Pero o importante é que tivemos a oportunidade de compartir unha etapa fascinante, a creación e posta en marcha da nosa cooperativa, na que continuaremos tratando de medrar día a día, seguro que tamén coa colaboración de Pilar, aínda que sexa desde o seu queridísimo Maniños.

Sabemos que, como nós, tamén os que estivéchedes en contacto con ela no laboral ao longo da súa traxectoria, a botaredes de menos. A súa alegría e entusiasmo son contaxiosos e sempre ten unha palabra cariñosa para todas aquelas persoas coas que se relaciona. Tentaremos seguir o seu exemplo, porque desde o principio quixemos facer do trato amable e a confianza un sinal de identidade de Pingota Comunicación.

Estamos a punto de cumprir cinco anos que foron moi emocionantes. O noso entusiasmo para continuar adiante está intacto.

Gracias, Pilar, pola túa enerxía e positividade. Que sexan a túa guía tamén no sucesivo.

Post by pingota

Comments are closed.