Pingota Deseño dá o salto á venda en liña con Correos Market

Pingota Deseño acaba de dar o salto á venda en liña coa axuda de Correos Market, o portal que a empresa postal lanzou en maio de 2019 co obxectivo de ofrecer unha plataforma de comercio online a pequenos produtores. A axencia Pingota Comunicación é desde este mes de setembro un dos máis de 600 que xa están presentes na web https://www.market.correos.es/, e o primeiro de Ferrolterra que se sitúa neste escaparate. Desde xa, os nosos productos relacionados con Ferrol están dispoñibles a golpe de click.

Xa están á venda na web de Correos Market dous lotes dos nosos artigos de deseño: un formado polo puzle de Ferrol e unha bolsa de tela “¿Hablas ferrolano?” e outro co puzle e un caderno de colorear “Ferrol que nin pintado”. Os produtos poden mercarse ao mesmo prezo que custarían en calquera das tendas da cidade que tamén os comercializan (Central Librera da rúa Real, A Vella Fábrica, La Casa del Fumador, La Papelera Ferrolana, Central Librera da rúa Dolores e librería Day), incluíndo os gastos de envío.

No seguinte link pódese consultar o noso perfil de produtor: https://www.market.correos.es/merchant/pingota-comunicacion

O selo Pingota Deseño naceu para dar renda solta a nosa vea creativa e para poñer en valor a nosa cidade, Ferrol. Desde agora, os ferroláns e as ferrolás que están lonxe da súa terra poden comprar a través de internet estes produtos e outros que, sen dúbida, sacaremos ao mercado nos próximos tempos. Sempre estamos a argallar novas cousas!

Post by pingota

Comments are closed.