As nosas grúas

As nosas grúas definen a paisaxe de Ferrol e definen tamén a economía da comarca. Estes guindastres son os do sector naval, os que se utilizan para construír barcos, os que se identifican sempre co mar.

En Pingota Comunicación mantemos o empeño de reivindicar o noso, de salientar con orgullo o que nos identifica. E temos tamén o obxectivo de colaborar na medida das nosas posibilidades coa sostibilidade. Froito dese interese foi a nosa primeira idea de bolsas de algodón que “falan ferrolán”, unha modesta contribución á erradicación das de usar e tirar.

Agora que empeza o bo tempo e que facemos máis rutas de natureza ou praia retomamos esa misma filosofía con unhas novas bolsas. Estas son de maior tamaño, para que poidamos levar moitas máis cousas no seu interior, e tamén dun algodón de calidade superior (280 gramos) que garante a súa resistencia e que non se van deformar.

E como estamos tan fachendosas do resultado quixemos engadirlle unha etiquetiña co logotipo de Pingota Deseño,

Que mellor imaxe para decorar estas bolsas que as nosas grúas do naval! Elas xa son ben bonitas, pero nós quixémoslles dar un aire máis festivo decorándoas con motivos de cores. Agardamos que vos guste o resultado. Nós non nos cansamos de pasealas desde que están á venda.

Puntos de venda

Por certo que podedes atopalas na Central Librera da rúa Real e na Vella Fábrica de Lapis, dous dos nosos puntos de venda favoritos e moi comprometidos co produto local.

E aínda que recomendamos moitísimo a compra nos establecementos de proximidade, sabemos que moitos dos que levades a Ferrol no corazón non vivides na cidade. Pensando niso temos tamén dispoñibles as novas bolsas, co resto dos produtos de Pingota Deseño, en Correos Market.

A presumir de cidade e gozar do bo tempo!

Post by pingota

Comments are closed.