Ruta selfie por Ferrol

Flyer Ruta Selfi              Reverso Flyer Ruta Selfi

A Ruta Selfie creada polo Concello de Ferrol para promocionar algúns dos mellores lugares da cidade é unha iniciativa pioneira en Galicia que a triunfar, tamén entre os propios habitantes da cidade.

O teléfono móbil tense convertido sin o que case ningúen pode vivir, pero non só para estar permanentemente localizable. Utilizámolo unha cámara fotográfica que siempre está de man, tanto para captar o inesperado como para inmortalizar paisaxes… e a nós nelas. Os selfies chegaron para se quedar e cada vez é menos frecuente recorrer, coma antes, a alguén alleo para que nos faga una fotografía nun lugar determinado.

E se todo o mundo fai selfies, que mellor que poñerllo fácil? A ruta selfie deseñada polo Concello conta cun dispositivo que permite situar o móbil convenientemente orientado cara a determinadas zonas destacadas da cidade para que o usuario só teña que se preocupar de sorrir para a foto.

Os lugares nos que están situados estes postes selfie son a praza de Armas, a praza de Galicia (no contorno do Jofre), Amboage, o peirao de Curuxeiras, os xardíns de Herrera e o Auditorio de Caranza.

Para promocionar esta ruta selfie, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol recorreu a Pingota Comunicación e encargounos un flyer coa información básica para que todo o mundo poida realizala. Esta folla publicitaria -en galego, castelán e inglés- está xa a disposición dos visitantes nas oficinas de turismo do Concello no porto e a praza de España, e tamén na do edificio da Xunta.

Quen queira facer laa ruta selfie e non teña a man unha oficina tamén o ten fácil: basta con consultar a web de Turismo onde atopará o flyer e toda a información precisa.

E para axudar a promocionar Ferrol, animámosvos a compartir as imaxes no voso perfil de Instagram utilizando os hashtags #visitaferrol e #ferrolesunregalo.

Presumide de cidade coa ruta selfie!

Post by pingota

Comments are closed.