Ferrol Verán: la nueva guía turística

Unha completa oferta de actividades para toda a familia

Ferrol Verán: la nueva guía turística Ferrol é unha cidade que nace da Ilustración, unha época que marcou o seu desenrolo e a esencia das súas rúas e contorno. A interesante oferta turística que neste e outros campos propón o Concello de Ferrol é a base de Ferrol Verán, a nova guía turística que elaboramos en Pingota Comunicación.  Nela recóllese toda a información necesaria para saber que plans se poden facer na urbe durante este verán, pero tamén o resto do ano.

Redactado en galego, castelán e inglés, este catálogo fai un percorrido pola grande oferta cultural, deportiva e de ocio da zona. Son plans variados e aptos para toda a familia. Neste folleto apórtanse todos os datos necesarios para realizar calquera das actividades propostas: horarios, prezos, duración…etc.

Ás rutas guiadas pola cidade, como Ferrol Secreto, na que descubrir curiosidades sobre o centro histórico, ou ao percorrido polas Meninas de Canido, súmanselle propostas para coñecer o lado máis naval da urbe, como unha visita ao Arsenal Militar ou ao estaleiro de Navantia. Museos como o de Historia Natural ou Exponav son outras opcións que se recollen no folleto. Tamén se expoñen actividades deportivas e ao aire libre, perfectas para realizar durante os días de bo tempo; como a práctica de BTT (bicicleta de montaña) ou o surf. E outras como un paseo en lancha pola ría ou alugar un veleiro para descubrir o litoral.

Ferrol Verán, a nova guía turística,xa está dispoñible en todas as oficinas de turismo da cidade. Na da Praza de España e na do Peregrino, no peirao, e no novo Centro de Recepción de Visitantes do castelo de San Felipe. Ademais, está noutros puntos de información turística da comarca. Tamén se pode consultarse en formato dixital, aquí.

Desde Pingota Comunicación queremos agradecer unha vez máis a confianza do Concello de Ferrol e a Sociedade Mixta de Turismo na nosa empresa para elaborar este folleto turístico.

Post by pingota

Comments are closed.