Tapéate, xa está aquí!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tapéate, o certame de tapas que organiza a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, volve neste mes de novembro para facer o reencontro cos nosos establecementos favoritos máis apetecible aínda, despois de que o ano pasado tivese que ser suspendido pola pandemia .

Hoxe comeza unha nova edición deste evento e, como non, aí estamos Pingota Comunicación para contarvos a través das redes sociais as marabillas saídas dos fogóns que podedes atopar nos 16 locais que participan.

Teremos ata o 28 de novembro para probar todas as propostas que nos presentarán os seguintes establecementos:

Josefa’s Bar

Sensaciones Carpe Diem

Café Vanessa

La Bodega de la Estrella

A Canfurnada

-Mesón Alfonso

El Foro

Taberna Ábaco

Parador de Turismo

-Pousada Galicia Imaxinaria

Restaurante Castilla75 (Gran Hotel)

Cervecería La Bahía

O Cid

Boss Ferrol

Catania

Mesón Picasso

Como participar

Os clientes de todos estes establecementos poderán probar as súas suxestivas propostas gastronómicas a escala reducida ao prezo de 3 euros. Ademais, poderán votar a súa tapa favorita cubrindo unha papeleta das que teñen dispoñibles en todos os locais e probando alomenos catro en catro lugares diferentes. Depositando esa papeleta nas urnas que tamén están situadas nos establecementos hostaleiros non só elixirán ao gañador do público, senón que tamén entrarán nun sorteo de tres bonos de 100 euros cada un deles para gastar en produtos turísticos e de gastronomía de Ferrolterra.

Pola súa banda, un xurado profesional se encargará de decidir os tres premios principais.

De todo isto e da evolución do Tapéate poderedes enterarvos seguindo as páxinas de Facebook, Twitter e Instagram de Tapéate Ferrol, onde estaremos nós para que non quede nada sen contar.
Como sempre, agradecemos á Asociación de Hostaleiros e ao Concello de Ferrol que teñan contado con nós para este saboroso labor.
Post by pingota

Comments are closed.