A publicidade nas redes sociais, unha ferramenta imprescindible

A publicidade nas  redes sociais é unha ferramenta moi útil para chegar ao público que interesa. E non só para os negocios particulares ou para as empresas, tamén para as administracións, que cada vez máis utilizan este recurso para informar axeitadamente aos administrados. En Pingota Comunicación temos unha ampla experiencia neste tipo de publicidade e cada vez máis observamos que os clientes aprecian as súas vantaxes. É relativamente económica, permite seleccionar con detalle o público ao que chegar co único requisito de que teñan un perfil nas redes sociais e ofrece resultados concretos das campañas.

Desde hai uns meses, a nosa empresa realiza a publicidade institucional nas redes sociais da Deputación Provincial de Pontevedra, unha das moitas que aplica esta ferramenta para dar a coñecer a súa actividade.

Distintas actividades

A través de campañas específicas promocionou nas últimas semanas actividades sociais como a Gala da Xuventude que se celebrou onte ou o labor da Escola de Igualdade María Vinyals, pero a publicidade nas redes sociais permite difundir todo tipo de contidos.

O Xeodestino Ferrolterra Rías Altas, o Museo da Construcción Naval, o Campus Industrial de Ferrol, o proxecto Pasea por Fene ou a rede de economía social da Xunta de Galicia Eusumo son algunhas das institucións que teñen utilizado tamén os nosos servizos para realizar publicidade a través das redes sociais, un marketing útil e que non deixa de medrar. Invitámosvos a facer uso del!

Post by pingota

Comments are closed.