Feira do Voluntariado

10/12/2021

pingota

diseño

0

Cartel Feira do VoluntariadoO Concello de Ferrol celebra mañá sábado a Feira do Voluntariado, unha iniciativa que xuntará na praza da Constitución a unhas 25 entidades de diferentes ámbitos desde as 11.00 ata as 19.00 horas. En Pingota Comunicación ocuparémonos de seguir moi de cerca esta proposta da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez, e de recoller todo o traballo informativo e de exposicións e actividades que se vai facer, que é moito e moi interesante.

A nosa primeira tarefa para a Feira do Voluntariado foi deseñar un cartel e escoller un lema. Pareceunos que “Estan por ti” é moi axeitado, porque representa que todas estas entidades de voluntariado teñen como obxectivo, precisamente, axudar aos demais de diversas formas. Esa diversidade e pluralidade, xunto co carácter solidario, foi a que nos levou a escoller para o cartel un montón de corazóns de varias cores, todos collidos da man.

Eva Martínez destacou que coa feira  “pretendemos dar voz ás entidades sociais e visibilizar o importante labor que desenvolven na nosa cidade, máis aínda nos últimos tempos con motivo da pandemia que estamos a vivir.”

Animámovos  a vos achegar ata o Cantón para gozar de actividades como obradoiros de ioga, contacontos, xogo da oca e diferentes charlas, así como dos vehículos que mostrará Protección Civil, que de seguro lles encantarán aos máis pequenos. E se a visita consegue que algún de vos decida incorporarse ao voluntariado, sería marabilloso!

Post by pingota

Comments are closed.