Ruta Modernista

Unha das moitas razóns para sentir orgullo da nosa cidade é a espectacular mostra de arquitectura modernista que ofrece o barrio da Magdalena. Os edificios construídos a principios do século XX con deseño de Rodolfo Ucha son un todo un patrimonio que o Concello de Ferrol está a poñer en valor con actuacións de diferente tipo. No 2021 cumpríronse 40 anos do pasamento do xenial arquitecto e no ano que agora entra celebrarse o 140º aniversario do seu nacemento, unhas efemérides que non poden pasar desapercibidas dada a enorme contribución de Ucha á cidade.

Hai uns meses, o Concello nomeu a Rodolfo Ucha Fillo Adoptico de Ferrol e máis recentemente o percorrido polos seus edificios máis senlleiros púxose en valor a través dunha mellor sinalización e do deseño dunha ruta modernista. Esta conta con mapa interactivo e audioguías que permiten realizar estes itinerarios e deterse nas peculiaridades de cada inmoble. Pingota Comunicación deseñou unha campaña publicitaria para promocionar esta ruta cuxo vídeo podedes ver aquí.

Pero ademais, estamos moi satisfeitas doutro traballo relacionado tamén co arquitecto. Trátase dunha unidade didáctica sobre o Modernismo ferrolán e a figura de Ucha que o Concello xa distribuiu entre os centros educativos e que ofrece todos os detalles sobre a ruta modernista pola cidade. Para realizar este traballo contamos coa colaboración e asesoramento de Pilar Freire, autora dun estudo sobre o arquitecto e a súa obra, e do departamento de Historia do IES Saturnino Montojo. Parécenos un instrumento ideal para que o alumnado poida coñecer a este histórico persoeiro e achegarse ao seu traballo para gozar del. Estas festas de Nadal son un excelente momento para facelo.

Tedes máis información neste enlace. UNIDADE DIDÁCTICA UCHA reducida

 

Post by pingota

Comments are closed.