Ferrol Amodo

Ferrol Amodo é un programa de visitas para maiores de 65 anos que teñen como obxectivo promover o envellecemento activo e saudable e favorecer a interacción das persoas participantes poñendo en común lembranzas do Ferrol de hai unhas décadas. Esta iniciativa do Concello de Ferrol, deseñada por Pingota Comunicación, inclúe un total de sete visitas guiadas gratuítas a diferentes puntos da cidade para as que se ofrecen un total de 20 prazas (agás na do cruceiro pola ría, que contempla 50). O calendario de excursións é o seguinte:

Ruta do Naval (dous museos e un mar). Porta do Dique e Museos Naval e da Construcción Naval. Día 26 de marzo desde Correos. 11.00 horas

Ferrol Modernista. Día 9 de abril desde o teatro Jofre. 11.00 horas.

Esteiro na memoria. Día 30 de abril desde a capela das Angustias. 11.00 horas.

Historia do Racing. Un século de paixón verde. Pendente de confirmación da data.

Ferrol Vello. Barrio mariñeiro, barrio industrial. Día 28 de maio desde a oficina de turismo do porto. 11.00 horas.

Roteiro pola ría en barco. 11 de xuño. Saída desde o porto de Curuxeiras. 11 horas.

 Castelo de San Felipe (desprazamento en autobús). 18 de xuño. Saída desde Correos. 11 horas.

A nosa empresa está encantada de colaborar nunha proposta pensada para que as persoas maiores poidan desenvolver actividades que, como destaca a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, “combinarán o envellecemento saudable, o enriquecemento cultural, a comunicación entre iguais e a súa reactivación cognitiva e física”.

O prazo de inscrición para a primeira das saídas, a do 26 de marzo, xa está aberto, a través do correo ferrolamodo@gmail.com e do número de teléfono 631 683 070 (en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas).

Animámosvos a participar, serán xornadas moi interesantes e divertidas!

Máis información, aquí

 

Post by pingota

Comments are closed.