Revista Ecce Homo
Desde hai xa algún tempo a nosa axencia mantén unha estreita vinculación profesional coa Xunta de Confrarías de Ferrol, que este ano confiou tamén en nós para coordinar os contidos e deseñar a revista Ecce Homo.
O exemplar deste 2022 conta con once artigos inéditos e orixinais que esperamos que resulten enriquecedores tanto desde o punto de vista espiritual como patrimonial e histórico.
Non en balde, moitos dos documentos recolleitos na revista pretenden ser pegada testemuñal dalgunhas das accións de restauración e rehabilitación ás que foron sometidos nos últimos meses algúns bens relixiosos de gran importancia para a comunidade como o Cristo dos Navegantes, o da Agonía, a Igrexa de Dolores ou o Santuario da Nosa Señora das Angustias.
Nas páxinas do Ecce Homo de 2022 tamén se dá conta de aspectos significativos no contexto da nosa querida Semana Santa, como a recuperación da cerimonia do Desencravo ou a vinculación existente entre a Venerable Orde Terceira e a Orde Franciscana Seglar na cidade.
Así mesmo, recóllense as palabras do bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, ao que tivemos oportunidade de entrevistar; e de Jesús Cepeda, imaxineiro sevillano autor da nova imaxe de San Pedro da Confraría da Soidade; e os estudos de Marina Loureiro sobre arte e devoción; Pilar Freire ao redor da importancia da Capela da Mercé como exemplo de arquitectura relixiosa neoeclecticista; e de Juan José Burgoa ao fío do Cristo da Tahona e o seu valor identitario co barrio de Canido.
Últimos artículos