Difusión dos Doutoramentos e Mestrados da Facultade de Humanidades

Un ano máis, Pingota Comunicación recibiu o encargo de publicitar nas redes sociais da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña parte dos seus estudos de posgrao. A pesares de que é un Campus Industrial, o de Ferrol conta con mestrados e doutoramentos de especial interese -aínda que non exclusivamente- para o alumnado da rama de Humanidades.

Os seus Programas de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia ou en Novas Perspectivas en Comunicación, Documentación e Humanidades e os seus Mestrados en Museos, Arquivos e Bibliotecas e Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade son lazos que unen ao Campus co alumnado que optou por cursar graos de disciplinas humanísticas e que ten así a oportunidade de completar os seus etsudos con especializacións atractivas como as que se ofrecen en Ferrol.

 

A nosa axencia proporcionou a través das redes sociais información detallada dos dous programas de doutoramento e ocupouse tamén de remitila a diferentes universidades e facultades tanto de América Latina como de Portugal, xa que moitos dos alumnos e alumnas proceden doutros países.

Por outra parte, Pingota Comunicación encargouse de organizar unha campaña publicitaria para os mestrados -tamén a través das redes sociais- na que ademais de confeccionar anuncios de texto e imaxe incluíronse tres vídeos sobre as dúas titulacións, un conxunto e dous individuais: do Mestrado en Museos, Arquivos e Bibliotecas e do de Arqueoloxía e Ciencias de Antigüidade.

Como en ocasións anteriores, agradecemos á Universidade da Coruña que confíe a promoción destes estudos á nosa empresa.

 

Post by pingota

Comments are closed.