Outono Ilustrado, un novo programa de envellecemento activo

Outono Ilustrado

O grupo, no interior do castelo

Despois do éxito do programa Ferrol Amodo, Pingota Comunicación emprende un novo proxecto de envellecemento activo para o Concello de Ferrol. Trátase da iniciativa Outono Ilustrado, que unha vez máis ofrece percorridos pola cidade gratuítos para maiores de 65 anos. Nesta ocasión o obxectivo será coñecer algunas das principais referencias da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial.

Outono Ilustrado comezou este pasado sábado cunha ruta polo castelo de San Felipe, a xoia da defensa costeira da cidade. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, acudiu ao punto de partida da excursión, a praza de Galicia, para despedir á trintena de participantes. A resposnable municipal animounos a participar nas actividades que o Concello deseña especialmente para esta franxa de idade. Unha vez máis, contamos coa marabillosa colaboración de Isabel Díaz-Robles, de Ferrol Guías, cuxas amenas e documentadas explicacións son un aliciente fundamental destas visitas.

Mañá luns ábrese o prazo para inscribirse na vindeira saída, que será o día 8 de outubro e terá como destino o Arsenal Militar. Realizaremos un percorrido en autobús polo interior destas fantásticas instalacións con pequenas camiñadas por algúns puntos de interese. En todas as rutas as prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a reserva canto antes a través do correo electrónico outonoilustrado@gmail.com ou do número de teléfono 631 683 070 (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00).

Próximas rutas

O programa do Outono Ilustrado complétase coas seguintes excursións:

-Barrio da Magdalena, perfecta urbanización ilustrada. O día 22 de outubro con saída ás 11.00 horas desde Correos. Inscricións ddesde l 10 de outubro.

-Pazo de Capitanía Xeral. O día 5 de novembro en dúas quendas, ás 10.30 e ás 12.00 horas. O punto de encontro será no exterior do edificio e as inscricións pódense realizar desde o 25 de outubro.

-Cuartel de Dolores e Fontelonga. O 19 de novembro. Comezará ás 11.00 horas no propio Cuartel. Inscricións, desde o 7 de novembro.

Outono Ilustrado

A guía, Isabel Díaz-Robles, explica nas visitas todos os detalles

Outono Ilustrado

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, acudiu a despedir aos inscritos na primera ruta

Post by pingota

Comments are closed.