Nova edición da Feira do Voluntariado
O Concello de Ferrol contou por segundo ano consecutivo con Pingota Comunicación para colaborar na súa Feira do Voluntariado, que nesta edición ten como lema “Conta conmigo”. Se en 2021 nos encargamos de darlle difusión ás actividades organizadas polas diferentes entidades de voluntariado participantes, este ano o Concello confiounos a propia organización da feira. Neste sentido agradecemos a todas as asociacións a súa colaboración neste cometido.
A carpa situada na praza de Armas acogellerá o evento, que se celebrará o venres 2 de diciembre en horario de mañá e tarde (de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00). A presentación correu a cargo da concelleira responsable da área de Benestar Social, Eva Martínez Montero.
26 asociacións
As persoas que asistaná feira terán a oportunidade de coñecer polo miúdo o traballo que realizan as 26 asociacións participantes, a través da información que facilitarán nos diferentes stands pero tamén das exposicións e actividades que organizarán. En concreto estarán presentes ACCU, Cáritas, Asotrame, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, Cocina Económica, ADRA, Xeración, Cruz Roja, Secretariado Gitano, Balrial, Asarga, Affinor, AECC, Vida Activa, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Asociación de Celiacos de Galicia, Manos Unidas, Movilidad Humana, FAMYC, ASCM, Alcer, Acción Familiar, Aspaneps, Cogami e Protección Civil de Ferrol. Esta última agrupación realizará unha exhibición dos seus vehículos durante a mañá.
Igualmente están previstas outras actividades como un obradoiro de diversidade creativa sostible (12.00 horas, a cargo de Affinor), unha charla sobre las barreras comunicativas que atopan as persoas xordas (13.00 horas, de la AXF), un obradoiro de marcapáxinas (17.00 horas, da Fundación Secretariado Gitano) e unha mostra dun obradoiro de lá (18.00 horas, a cargo de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal). Completarán o programa diferentes xogos, escape room e actividades de realidade virtual (Movilidad Humana), Senta e Sente (ASCM), un mural quebracabezas (Alcer) e un estudo de podcasting e xogos para a mocidade organizado por Xeración.
Últimos artículos