FerroleArte+60, actividades culturais para maiores
FerroleArte+60 é unha iniciativa da Concellería de Benestar de Ferrol para continuar avanzando na procura de actividades de ocio e lecer para as persoas maiores, desta volta dándolle un pulo especial ás propostas culturais.
Pingota Comunicación é a encargada de organizar e desenvolver un programa que se prolongará ata o mes de xuño, incluído, e no que teñen cabida as visitas guiadas que tanto éxito tiveron en anteriores ocasións, pero tamén novas actividades como charlas-coloquio, cinefórum, showcooking, obradoiros artísticos, monólogos e cafés literarios.
As persoas interesadas en inscribirse en calquera das actividades de FerroleArte+60 teñen que ser maiores de 60 anos e estar empadroadas en Ferrol. Só teñen que chamar ao número de teléfono 631 683 070, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 e ter en conta que o prazo para as propostas de cada mes ábrese o día 17 do mes anterior. Así, nestes momentos está aberto para as actividades de febreiro (a visita ao Jofre xa ten as prazas esgotadas) e marzo, e o 17 de marzo abrirá xa para as de abril.
Programación de FerroleArte+60
Tomade nota de todo o que vos ofrecemos:
23 de febreiro. Café literario na cafetaría Monterrey do barrio de Ultramar. Ás 19.30 horas.
25 de febreiro. Visita guiada ao teatro Jofre. Ás 12.00 horas.
28 de febreiro. Conferencia de Pilar Freire sobre o Modernismo e Rodolfo Ucha. No Centro de Maiores da rúa Río Xuvia ás 19.00 horas.
4 de marzo. Visita guiada á Capitanía Xeral. Ás 11.00 horas.
10 de marzo. Conferencia de Man Castro sobre Ángeles Alvariño. No centro cívico de Canido ás 19.30 horas.
16 de marzo. Obradoiro de fotografía con móbil. Local da Asociación de Veciños Val de Esmelle. Ás 17.00 horas.
18 de marzo. Showcooking. Mercado A Magdalena. Ás 12.00 horas.
25 de marzo. Cinefórum “GreenBook”, con coloquio posterior coa participación de Pilar Freire. Cines Dúplex. Ás 12.00 horas.
28 de marzo. Café literario no café Avenida da praza de España. Hora por definir.
1 de abril. Ruta Cofrade, guiada polo presidente da Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, César Carreño. Ás 11.00 horas.
13 de abril. Obradoiro Fake-News. Centro cívico de Caranza. Ás 17.00 horas.
15 de abril. Visita guiada á Cociña Económica. Ás 11.00 horas.
20 de abril. Charla coloquio de Jorge Mira: “A que altura está o ceo”. Centro cívico de Caranza. Ás 19.00 horas.
25 de abril. Café literario no barrio de Esteiro.
28 de abril. Visita guiada ao Porto exterior. Saída en autobús desde o edificio da Autoridade Portuaria ás 11.30 horas.
4 de maio. Obradoiro sobre competencias dixitais básicas. Biblioteca municipal. Ás 17.00 horas.
10 de maio. Monólogo “A segunda idade e media”, con Pepo Suevos. No centro cívico de Caranza. Ás 20.00 horas.
13 de maio. Percorrido polas placas e estatuas do centro de Ferrol. Ás 11.00 horas.
16 de maio. Charla-coloquio sobre o patrimonio ferrolán perdido, a cargo de Pilar Freire. Na capela do Torrente Ballester 19.30 horas.
26 de maio. Showcooking. Mercado A Magdalena. Ás 12.00 horas.
27 de maio. Cinefórum “La odisea de los giles”, con coloquio posterior coa participación de Pilar Freire. Cines Dúplex. Ás 12.00 horas.
30 de maio. Café literario no barrio de Ferrol Vello.
1 de xuño. Taller de creación artística. No centro cívico de Canido. Ás 17.00 horas.
10 de xuño. Visita guiada ao Cuartel de Dolores.
15 de xuño. Charla-coloquio de Man Castro sobre Ferrol nos anos 70 e 80. No centro cívico de Caranza ás 19.30 horas.
Podedes consultar calquera posible cambio na programación aquí.
Últimos artículos