Boletíns en papel: ferramenta de comunicación para concellos e outras institucións e entidades

As redes sociais representan toda unha revolución á hora de transmitir información de maneira áxil e eficaz e son xa un recurso que xa utiliza a maior parte dos concellos para comunicarse coa veciñanza. É innegable que unha alta porcentaxe da poboación emprega as redes sociais a diario, pero tamén é certo que unha parte importante da veciñanza queda ás escuras se se depende exclusivamente delas e dos medios de comunicación tradicionais, cada vez máis precarizados e que non prestan atención todo o máis local, para transmitir o traballo da administración municipal.

A axencia Pingota Comunicación S. Coop. Galega ten, na súa carteira de servizos, a realización de boletíns informativos para a súa impresión en papel. Entre outros, elabora o boletín As7Parroquias para o Concello de Cedeira desde hai anos. É unha publicación de oito páxinas que, cada tres ou catro meses, en función do devir do traballo municipal, recolle as noticias máis importantes sobre as obras que se están executando ou que finalizaron, os novos proxectos, os programas culturais máis destacados, os investimentos doutras administracións na localidade…

O boletín As7Parroquias acaba de cumprir 30 números, todos eles colgados tamén en versión dixital na web do Concello, e consolidouse como unha ferramenta de transparencia e rendición de contas diante da cidadanía. A publicación distribúese polas asociacións de veciños, centros sociais, lugares de tránsito e de encontro para veciños e veciñas, que poden levalo a casa e poñerse ao día sen présa. A revista detense en cuestións da vida local que raramente abordan medios tradicionais e que pasan a toda velocidade por diante nas redes sociais.

Pingota Comunicación realizou tamén outros boletíns e revistas, tanto para administracións públicas como para empresas e asociacións, plasmando nelas a formación e experiencia que as socias traballadoras da axencia teñen como xornalistas. Algúns destes traballos poden consultarse nesta mesma páxina web: https://www.pingota.com/gl/publicacions-e-carteis/

Post by pingota

Comments are closed.