Organizamos a campaña municipal Narón Adestra en Igualdade
O deporte é moito máis que competición. É educación, convivencia, valores e comunidade e, sobre todo, é un importante espazo de socialización. Para aproveitalo como ferramenta para loitar contra a violencia machista, o Concello de Narón puxo en marcha a campaña «Narón Adestra en Igualdade». A responsabilidade da organización deste programa, que se desenvolve desde finais do año pasado e se prolongará ata xuño de 2026, corre a cargo de Pingota Comunicación, e estamos encantadas de aportar o noso traballo para conseguir que o deporte sexa un espazo seguro, respectuoso e libre de discriminación.
Estamos moi satisfeitas tamén coa colaboración das entidades e clubs, que apoiaron coa súa participación a enquisa e a xornada formativa que se desenvolveron ata o momento. Convidámolos a sumarse ao protocolo de colaboración co Concello que busca establecer ferramentas e canles axeitados para a detección, prevención e actuación fronte á violencia machista.
A campaña continuará co reparto de material útil para que quen firmen o protocolo poidan tener claro como actuar, e cunha proxección cinematográfica aberta ao público en xeral, entre outras actividades.
Nesta ligazón podedes descargar o documento completo: protocolo Narón
Unha vez firmado podedes envialo ao noso correo: pingota@pingota.com
Últimos artículos