A Festa da Música chegou a case 36.000 persoas nas redes sociais

1

Guitarra, voz e percusión nun dos concertos

A Asociación de Hostaleiros Ferrol e Comarca e o Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena encomendaron a Pingota Comunicación a promoción das actividades organizadas dentro da Festa da Música, o pasado día 11 de xuño. Tratábase de difundir o programa organizado por estas entidades, que contou coa colaboración do Concello e que incluía unha ducia de concertos na rúa contando con diferentes artistas e grupos da zona, como un xeito de contribuír á dinamización do centro da cidade.

A resposta nas redes sociais foi moi positiva: as informacións colgadas chegaron a preto de 36.000 persoas en Facebook e Twitter e, o que é máis importante, a festa atraeu a numeroso público que non só seguiu as actuacións na rúa senón que tamén puido facer as súas compras no mercadillo de gangas organizado na mesma data.

En apenas tres días de traballo, Pingota Comunicación creou unha páxina de Facebook na que se rexistraron 544 me gusta. As 17 entradas publicadas antes da Festa da Música, o mesmo día e ao seguinte tiveron un alcance de 27.485 personas.

En Twitter rexistráronse máis de 8.000 impresións dos 38 chíos que se colgaron nesta rede social, na que neses tres días houbo preto de 500 visitas ao perfil, tamén de nova creación.

Os datos avalan a importancia das redes sociais para comunicar rapida e eficazmente todo tipo de eventos e actividades. Como se recordará, a promoción do certame Tapéate, que organizaron o Concello e os hostaleiros en decembro pasado. e da que tamén se encargou Pingota Comunicación, chegou a 40.000 persoas en Facebook e conseguiu 37.000 impresións en Twitter.

Comerciantes e hostaleiros teñen en mente continuar con este tipo de actividades, que queren englobar baixo a denominación «Vive Ferrol!», como unha chamada de atención sobre as moitas posibilidades que ofrece a cidade para o ocio e as compras.

 

 

Post by pingota

Comments are closed.