Xestionamos as redes sociais de Eusumo e constribuimos a espallar a economía social

A nosa axencia Pingota Comunicación xestiona desde xaneiro deste ano 2020 as redes sociais de Eusumo, a plataforma impulsada pola Xunta para fomentar a economía social. A nosa empresa é unha das máis de 1.400 sociedades cooperativas que existen en Galicia e que, xunto coas sociedades laborais, os centros de emprego, empresas de inserción e outras entidades, forman a economía social galega. É un modelo empresarial e económico que pon ás persoas por diante do capital, de maneira que estamos orgullosas de contribuír a espallalo!

A Rede Eusumo ten unha páxina en Facebook, un perfil en Twitter e un canal en Youtube, así como unha páxina web permanentemente actualizada con moitas novas de interese para as entidades de economía social. O noso traballo é publicar contido relevante nestas redes, manter unha escoita activa, atender as peticións, suxestións, etc, e, en definitiva, conquerir máis seguidores para que o modelo cooperativo e a economía social sexa, cada vez máis, o camiño elixido polas persoas emprendedoras.

Como é habitual neste tipo de traballo, ao facernos cargo das redes de Eusumo, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, comezamos por facer un Plan de Comunicación no que analizamos a situación e os retos a conquerir ao longo do ano. Esta ferramenta e os informes periódicos coas estatísticas de cada unha das redes permitiranos comprobar os nosos avances.

Interésache a economía social? Síguenos!

Post by pingota

Comments are closed.