Ferrol en Ruta. Visitas ao patrimonio desde a zona rural

 

A difusión do patrimonio ferrolán é unha das áreas nas que estamos a traballar intensamente desde o pasado ano. Agora facémolo con Ferrol en Roteiro, un novo programa do Concello de Ferrol orientado ao coñecemento de elementos destacados deste patrimonio vinculado á candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial por parte dos veciños e veciñas da zona rural de Ferrol.

En tres semanas do mes de marzo, as persoas residentes nas diferentes parroquias do rural poderán participar noutras tantas visitas guiadas destinadas a achegar aos ferroláns e ferrolás unha parte da súa historia que é, ademais, un valor turístico de primeira orde.

Programa

O programa de Ferrol en Roteiro é o seguinte:< O 17 de marzo organizarase a primeira destas visitas, que inclúe a Porta do Dique, o Museo da Construción Naval e o Museo Naval. O autobús que recollerá aos participantes sairá da cooperativa de Covas ás 10.15. O día 24 será a excursión ao Arsenal Militar, con saída desde o centro de saúde de Serantes ás 10.15. Finalmente, o 31 de marzo o percorrido centrarase no Cuartel de Dores e Fontelonga e será en horario de tarde, con saída do autobús desde a praia de Outeiro-Doniños ás 16.15 horas.

Inscricións

As excursións, de carácter gratuíto, terán unha duración de entre unha hora e media e dúas horas e nas mesmas as persoas participantes recibirán explicacións da historia e contido de todas estas instalacións por parte dunha guía turística de Ferrol Guías especializada no patrimonio ferrolán.
Para inscribirse o único requisito é estar empadroado na zona rural e o número de prazas está limitado a 40. O prazo ábrese o día 1 de marzo en todas as asociacións de veciños do rural.

 

Post by pingota

Comments are closed.