Marcamos a casilla de “fins sociais” e convertémonos en “empresa solidaria”

Desde o ano 2019 as empresas teñen a posibilidade de marcar a casilla de “fins sociais” ao presentar o Imposto de Sociedades. En Pingota Comunicación S. Coop. Galega fixémolo e convertémonos en “Empresa Solidaria”. O xesto garante que o 0,7% da nosa aportación vai dirixida a proxectos que contribuirán a facer unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria.

A casilla de fins sociais do Imposto de Sociedades é como a X Solidaria do IRPF. Non significa que a empresa pague máis ou menos impostos. Unicamente que unha parte deles van destinados a este tipo de proxectos solidarios.

A campaña de promoción desta casilla de fins solidarios elixiu o lema “Empresa solidaria, empresa extraordinaria”. Deixámovos aquí o vídeo explicativo da iniciativa, no que como veredes, non hai que ser unha grande empresa para se converter en solidaria e en extraordinaria!

 

 

Post by pingota

Comments are closed.