Entroido 2022

¡Estamos de Entroido! ¡E con ganas de celebralo por todo o alto! Este ano tivemos a oportunidade de meternos de cheo no espírito festivo do Carnaval deseñando a campaña de comunicación do Concello de Ferrol. Sabemos que co que vivimos e estamos a vivir as comparsas terán temas dabondo para exercer a sátira propia destas datas en todos os ámbitos. E estamos desexando gozar de todo o seu enxeño  nas coplas que soarán o luns no festival da praza de Armas e o venres no Enterro da Sardiña.

A imaxe que eliximos en Pingota Comunicación para o Carnaval é moi ferrolá: una carroza que recrea as tradicionais galerías da cidade na que comparten espazo varios personaxes típicos do Entroido. E son unhas sardiñas as que a impulsan facendo xirar as rodas, vestidas cun dos disfraces imprescindibles de Ferrol: o mono dos estaleiros.

No vídeo optamos por guiñar un ollo a esa terrible pandemia que parece que nos está dando un respiro -esperemos que definitivo- e invitamos á xente a cambiar a máscara por unha caretae deixarse levar polo espírito do Carnaval. Son días de fiesta e troula, nos que é necesario tomarse as cousas a broma, por máis que isto sexa solo un breve intervalo para, despois de enterrar a sardiña, volver a nos centrar na importancia de construír un mundo distinto e, desde logo, mellor.

Post by pingota

Comments are closed.