Alfabetización mediática, un reto para o século XXI

Coincidindo con la celebración en moitos centros educativos da Semana da Prensa, visitamos o CEIP Centieiras de Fene para impartir ao alumnado de 6º e 5º de Primaria un par de talleres sobre “Fake News”.

Tamén afondamos neste tema coas familias e a comunidade educativa nunha actividade orientada a mellorar as súas competencias ao respecto e, sobre todo, a ofrecerlles ferramentas neste ámbito que lles sexan útiles como educadores.

Para nós, que como ben sabedes procedemos do mundo dos medios de comunicación, ten sido unha experiencia fantástica regresar ás aulas para poder compartir cos peques a nosa experiencia profesional e, especialmente, contribuír á súa alfabetización mediática, unha competencia que consideramos básica na sociedade actual e un dos grandes retos da escola do século XXI.

E por ese motivo estamos inmersas na elaboración de obradoiros e unidades didácticas centradas en diversos aspectos vinculados coa comunicación e os medios de comunicación, ideadas como material de apoio para as nosas actividades en contornos académicos.

Post by pingota

Comments are closed.